O cuarto disco

Nunca se foi, pero xa volve SES, rebosante de enerxía cun novo disco baixo o brazo. Chámase Opoñerse á extinción e estará na rúa o 2 de decembro con once temas que arrecenden á cantora bergantiñana en cada acorde.

Opoñerse á extinción é o cuarto álbum dunha SES que sigue sendo pura forza, inconformismo e paixón. Nel segue a liña do seu inconfundible estilo que a levou a converterse na artista máis relevante do país nos últimos anos e nun auténtico fenómeno social que non deixa de medrar.

Ela mesma define así este seu cuarto disco:

O título 'Opoñerse á extinción' é a síntese da actitude que amosa o disco. A honestidade, a lucidez e tamén a rabia de sabernos en vías de desaparición inminente e inxusta, mais coa forza, o orgullo e o vitalismo de quen non asume o autoodio que tentan inculcarlle. Creo que é un traballo humilde, sincero e profundamente namorado da cultura á que pertence. É un disco de amor.

Este novo traballo continúa na liña dos dous discos anteriores, cunha onda ecléctica que vai do rock ao blues pasando pola canción de autor latinoamericana, pero atrevéndose desta volta con novas sonoridades e deixando máis espazo para a cantareira que hai no seu interior.

A SES compositora vai medrando e madurando, aínda que sigue a tratar os temas de sempre: o amor en todas as súas versións (inclúe unha canción dedicada á filla dunha das súas cantoras), sen esquecer un tema clave da súa personalidade como artista, a denuncia social.

CONCERTOS

xuño

10xun9:00 pm- 12:00 pmSES + Les Kol-lontai @ Festival Música i Lletra, Xàtiva (Valencia)
11xunTodo o díaSES @ Fira Alternativa, Valencia
18xunTodo o díaSES + Os D'abaixo @ Folk In Rio, Touro
25xunTodo o díaSES + Noite de Comedia @ Festas de Sarria, Lugo
29xunTodo o díaSES + Alicia Ramos + Carmen París @ Festival WorldPride, Madrid
DISCOGRAFÍA

Opoñerse á extinción

2016 Fol Música

Podes escoitalo en:

Tronzar os valos

2015 Fol Música

Podes escoitalo en:

Co xenio destrozado

2013 Fol Música

Podes escoitalo en:

Admirando a condición

2011 Airapro Producións

Podes escoitalo en:

VIDEOS
FOTOS
CONTACTO